Quen somos!

Asociación de traballadores e traballadoras temporais e indefinidos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar  está formada por un grupo de traballadores e traballadoras do Consorcio que cremos necesario posibilitar canles de actuación para a defensa dos nosos postos de traballo. Con este pensamento vimos de crear unha asociación que teña como horizonte ese obxectivo.

Podes consultar aquí os estatutos da asociación.

Por que?

Porque a maioría de nos somos persoal laboral indefinido e, como tales, debemos loitar polos nosos dereitos que están sendo respaldados en múltiples sentenzas xudiciais. Os nosos postos sempre estiveron en perigo, pero as últimas novas sobre a funcionarización, pese ao que intentan transmitir enganosamente, é unha artimaña legal e que supón unha afronta directa encamiñada a que perdamos os nosos postos de traballo.

Para que?

Para un obxectivo moi claro: o desenvolvemento, dentro do marco legal, dun proceso de consolidación tal e como se ten feito en non poucas ocasións na Administración Pública. Cremos que é de xustiza facelo.

Como?

Mediante unha asociación, porque é unha fórmula xurídica sinxela e gratuíta, que nos vai permitir como colectivo uns intereses que nos unen a todos e todas: non perder os nosos postos de traballo.

Para quen?

Para toda as persoas que traballan nalgún dos centros do Consorcio e non teñan un contrato de traballo de carácter fixo.

Cando?

Dende a Xunta están nun proceso de toma de decisións sobre os nosos postos no que debemos de influír. É importante empezar canto antes para impulsar accións áxiles encamiñadas ao obxectivo da asociación.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: