A Asociación de traballadores e traballadoras temporais e indefinidos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está formada por un grupo de traballadores e traballadoras do Consorcio que cremos necesario posibilitar canles de actuación para a defensa dos nosos postos de traballo. Con este pensamento vimos de crear unha asociación que teña como horizonte ese obxectivo.
Asociación formalmente constituída
A Asociación de traballadores e traballadoras temporais e indefinidos do Consorcio galego de servizos de igualdade e benestar consta xa como dada de alta no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia con data de alta do pasado 21 de decembro de 2017.
Podes descargar e consultar os estatutos aquí.